Obradoiro de Robótica educativa na Biblio do Pereiro
O obradoiro de Robótica educativa desenvolveuse o 10 de xuño na Biblioteca Municipal do Pereiro cunha asistencia de 26 nenos e nenas de entre 6 e 11 anos que pasaron unha divertida tarde realizando robots con pezas de lego!
Montando unhas pezas sobre outras foron aprendendo sobre os usos da robótica na actualidade e en que aspectos da vida cotiá está presente, incluso sen darnos conta! Ademais aprenderon como funciona unha impresora 3D e que cousas tan importantes se poden crear e se crearán no futuro. Para finalizar a tarde viron como se despega un dron e para que cousas, ademais de lúdicas, se pode empregar.
En definitiva, pasárono en grande e aprenderon unha morea de cousas!