O CONTO DE BARRIGA VERDE CHEGOU A CAMPO LAMEIRO
O actor Fran Rei trouxo a Campo Lameiro “O conto de Barriga Verde”, un espectáculo de monicreques para toda a familia que reuniu no Auditorio Sobrino Buhigas a un público ávido de historias.
Este espectáculo chegou a Campo Lameiro a través da colaboración entre a Biblioteca Municipal “Irmáns Ricoi”, o Concello e a Xunta de Galicia mediante o programa “Ler conta moito”.






