Quen fai un cesto, fai un cento!
Obradoiro no que aprendemos a facer un cesto con papel reciclado seguindo as técnicas tradicionais da cestería.
Un fantástico obradoiro que conciencia aos mais cativos sobre o valor da reciclaxe e o medioambiente ao tempo que desenvolve actitudes de respecto ao noso patrimonio cultural intanxible, en concreto aos nosos oficios tradicionais, actualizando a cestería do trenzado de palla co uso de novos materiais máis accesibles e sostibles como o papel.