Radio Bulebule de Paco Nogueiras no Pereiro de Aguiar
O pasado venres 12 de agosto acompañounos Paco Nogueiras que presentou ás nenas e nenos do Pereiro o seu libro-disco Radio Bulebule.
Pasaron unha divertida tarde sintonizando a radio máis molona que non
só tiña música senón tamén diversión, baile e humor.






