ANIMALARIO FANTÁSTICO EN IRIXOA
Crearte Servizos culturais realizou en Irixoa o obradoiro “Animalario fantástico”. Os nenos/as xogaron a inventar animais a partir de historias narradas; a inventar historias a partir de imaxes de animais, presentes nos libros e mesmo a buscar o animal co que máis se identificaban. Inspirados pola música de O Carnaval dos animais e o Animalario universal do Profesor Revillod, crearon un almanaque de animais.