Xarope Tulú con Corochas en Noia!
O pasado venres @s meniñ@s de Noia desfrutaron arreo da actividade dirixida por Atenea para a primeira infancia. Nela, a través de contiños, cancións e xogos, coñecemos a diversas personaxes e axudamos a desfacer algúns dos seus enredos.
Por certo, o nome “Corochas” refírese a cóxegas! Unha sensación coma a das cóxegas ten que ter á forza varios sinónimos 🙂