Facendo cestos na biblio de Buxantes (Dumbría)
Esta semana a nosa biblio converteuse nun obradoiro de cestería.
Pedras de Papel, Artesanía e Patrimonio achegounos a un oficio artesanal e tradicional en Galicia: a elaboración de cestos.
Elaborándoos a partir de papel reciclado, esta actividade contribúe, ao mesmo tempo, á concienciación da rapazada sobre a importancia da reciclaxe e de coidar o medioambiente.
Moi recomendable!