Obradoiro A biblioteca ideal, na BPM de Narón
Este pasado sábado 1 de outubro arrincou a programación de actividades coas que durante todo o mes celebramos o Día Internacional das Bibliotecas.
Recibimos á compañía Os náufragos teatro, que viñeron ofrecer aos nenos e nenas a ás súas familias un obradoiro participativo no que imaxinar como sería a súa biblioteca ideal. Puxemos a traballar as súas cabeciñas e as súas mans para plasmar todas as súas ideas nun fermoso libro que a partir de agora poderá consultar toda a veciñanza.