Corochas de Xarope Tulu na Biblioteca Rego da Balsa
O mércores 5 de outubro veunos a visitar a Biblioteca Rego da Balsa Atenea de Xarope Tulu cun espectáculo titulado Corochas dirixido á primeira infancia (de 0 a 3 anos) unha mestura de narración oral, manipulación de obxectos e música. Percorrimos diversas paisaxes e coñecimos a varias personaxes moi peculiares.
Grazas a Ler Conta Moito por facernos pasar un momento tan imaxinativo #contosdivertidos #abibliomola #lercontamoito