En Catoira aprendemos como nos afecta o cambio climático con Manuel Vicente
O domingo 23 de outubro, véspera do Día Contra o Cambio Climático e do Día das Bibliotecas, estivo en Catoira o comunicador e director do programa Efervesciencia, Manuel Vicente García. Nun interesantísimo obradoiro científico, mostrounos a través de distintos experimentos como a contaminación afecta, non só ao clima, senón a moitos aspectos da vida e da contorna. Utilizando xeo seco, cunha cámara térmica e con experimentos químicos, Vicente axudounos a visualizar por que os oceános son cada vez máis ácidos, e falamos da importancia de frear a contimación para, entre outras moitas cousas, seguir degustando os mexillóns das nosas rías.







