DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO MAGO PACO EN VILANOVA DE AROUSA
O 17 de maio de 2023, dentro da programación municipal polo Día das Letras Galegas, o Mago Paco levou a diversión para os máis pequenos á praza da Biblioteca Irmáns Camba.

Co seu espectáculo “Contamaxias” todas as familias alí presentes puideron disfrutar de historias contadas na nosa lingua entrelazando unha morea de chamativos trucos de maxia. O Mago Paco acaparou toda a atención dos cativos, que se asombraron con cada xogo de ilusionismo, ao tempo que se mergullaban no interés pola lectura e a narrativa.





