Risas e diversión coa máquina do tempo na Casa das Letras estradense
O pasado sábado, día 17 de xuño, a Biblioteca Municipal da Estrada recibiu a visita da compañía teatral Ghazafelhos e o seu espectáculo A máquina do tempo.
As risas dos nenos e nenas asistentes encheron a sala de actividades da biblioteca, e disfrutaron axudando a Montse e Pepablo nas súas aventuras a través da historia, descubrindo abraiantes personaxes históricas e aprendendo como a cooperación foi un dos motores que propiciou o desenvolvemento das sociedades, dende os seus albores ata hoxe.





