Obradoiro de cartón en Vilasantar
Este mércores día 12 estivo na Axencia de Lectura de Vilasantar “Mircromina teatro de Titeres”. O nenos aprenderon a reciclar e a construír bonecos articulados con cartón, a súa imaxinación fixo o resto.

Este mércores día 12 estivo na Axencia de Lectura de Vilasantar “Mircromina teatro de Titeres”. O nenos aprenderon a reciclar e a construír bonecos articulados con cartón, a súa imaxinación fixo o resto.



O pasado martes tivemos este interesante e divertido obradoiro de ciencia en Ourol. Os rapaces/as pasaron un momento moi entretido e cousas sobre o mundo da microbioloxía
O pasado venres os cativos de Santiso, reivindicaron a igualdade a través de chapas. Pasárono xenial e crearon deseños estupendos.


O pasado sábado, 8 de xullo, a ilustradora Estefanía Padullés visitou a carpa da Praza dos Libros de Carballo e ofreceunos toda unha clase maxistral de debuxo para presentarnos o seu último traballo “A miña cadeliña”, escrito por Francisco Rodríguez Iglesias e editado por Hércules.
Contounos a historia do libro cos seus debuxos en directo e foi interactuando cos asistentes, que quedaron marabillados co seu talento.
Na Praza dos Libros de Carballo, ademais de presentacións literarias e concertos infantís tamén facemos obradoiros!
Neste caso, a cargo de Antía Yáñez, que nos visitou á carpa da feira para ensinarlles a un grupo de 15 nenos e nenas un lote de experimentos científicos do máis sorprendentes, nos que as reaccións químicas dan lugar a verdadeiras curiosidades e efectos vistosos. Cantas aplicacións ten a ciencia!

O pasado xoves, día 6 de xullo, a banda Música miúda presentou na carpa da Praza dos Libros de Carballo o seu último libro-QR chamado “Cambia o conto”, un libro con música feito para bailar e pasalo de marabilla cantando as súas cancións.
O público asistente desfrutou moito desta tarde.


A Ramona pequena vai á lúa con Pakolas, pero non sen antes pasar pola Praza dos Libros de Carballo! E así foi a pasado venres, 7 de xullo, cando o gran Pakolas presentou o seu espectáculo na carpa da feira e todos os asistentes puideron desfrutar das cancións do seu último libro-QR, editado por Galaxia.
Como nos ten acostumados Pakolas, veu rockeando a tope e animou á carpa enteira cos seus ritmos e cancións. Pasámolo estupendamente!




Este pasado domingo, 9 de xullo, Magín Blanco estivo visitándoos na carpa da Praza dos Libros, a feira do libro de Carballo.
Ofreceunos un espectáculo para presentar o seu novo libro-QR musical “Caderno de cores e cancións”, editado por Galaxia, un libro cheo de cancións moi emocionantes para os máis cativos da casa, que fixo as delicias de todos cantos asistiron.



O pasado día 5 de xullo Eduvía realizou a actuación Bibliocanta na que achegaron o cancioneiro tradicional galego a rapazada que participa nun campamento de verán. Actividade moi participativa e na que os nenos e as nenas o pasaron en grande.
Moi traballadores os participantes no obradoiro de máscaras celebrada hoxe na biblioteca municipal.
Arte + lecer segue a ser unha boa combinación


Séguenos