“A IGUALDADE NON TEN IDADE” do artista Luis Vallecillo
O día 28/08/2023 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade centrada na igualdade e en historias relacionadas con esta temática. Todo o tempo foi moi dinámica e participativa, tanto cando contaba historias, como tocando a guitarra e cantando poemas de Rosalía, como cos monicroques. Fala de diferentes aspectos da igualdade: o respecto, tratar aos demais como queres que te traten, ou que ser diferente é “fantástico”. Incluso houbo momentos para bailar seguindo uns pasos. En resume, unha actividade divertida e na que se foi adaptando a todas as idades para que todos puideran participar.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 31 nenos e nenas de seis a trece anos de idade, e 6 adultos.