Ángeles Goás na BPM de Narón con “O medo é libre”
O venres 22 de setembro a Biblioteca de Narón recibiu á narradora oral Ángeles Goás co seu espectáculo de contos para público adulto O medo é libre.
Ángeles Goás fíxonos vivir unha tarde apaixoante. As súas historias “de medo” (algunhas propias e outras recollidas da tradición oral) romperon o silencio habitual da biblioteca para encher o espazo de maxia.