Diversión e tradición oral na biblioteca municipal Os templarios de Cambre
Na tarde de onte, as bibliotecas de Cambre recibiron unha estupenda sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes.
Os integrantes de Pavís Pavós chegaron desde Pontevedra á sección infantil da biblioteca municipal Os templarios (O temple) para poñer en valor a nosa tradición oral e deixar a súa fermosa e divertiva pegada no público familiar de Cambre.