Debuxando letras nas bibliotecas de Cambre
O pasado venres 29, as familias acudiron á biblioteca municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) para aprender a debuxar letras nun interesante e ameno obradoiro creativo, a cargo de Alba Farto.
As familias aproveitaron a oportunidade de achegarse á composición formas ornamentais a partir de formas xeométricas e orgánicas, chantando as bases para seguir practicando na casa e acabar debuxando con soltura e creando letras propias.