Encontro co ilustrador Óscar Villán en Cambre

O ilustrador Óscar Villán ofreceu, este mércores pola tarde, unha amena charla na Biblioteca Central María Pita sobre os segredos da súa profesión. O encontro co pintor e ilustrador, un dos profesionais máis notables do panorama da ilustración de libros infantís, achegou ao público cambrés, ao proceso de ilustración dun libro e ás posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte en xeral.
Óscar Villán, pintor e ilustrador, conta co Premio Nacional de Ilustración. A obra de Óscar Villán xa forma parte da nosa memoria visual pola súa participación en proxectos tan coñecidos como “A Cebra Camila”, “O coelliño branco” ou a exitosa colección de pictogramas poéticos “Do berce á lúa”.
A biblioteca acolleu esta semana unha mostra da súa obra máis representativa.





