Descubrindo a microbioloxía na Biblioteca de Moeche
Estefanía García Cabanas (Fanny Medioambiente) levou a cabo un obradoiro científico orientado á microbioloxía cun microscopio, auga e pouco máis, despertando a curiosidade e o interese dos alumnos/as do 3º ciclo de primaria do CEIP San Ramón de Moeche, que coñeceron máis de cerca as células, microorganismos e outros elementos microscópicos, así como curiosidades científicas que chamaron a súa atención.






