Dada a trasna…na BPM do Saviñao
Día 24 de outubro de 2023 ás 11:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos Dada a trasna
da man de Patricia Martínez
o 24 de outubro, ás 11:30 na biblioteca
Recibimos á trasna Dada, quen ó principio tiña medo de entrar e interactuar cos nenos e nenas porque uns días antes un grupo lle tirara pedras para facerlle dano.

Unha vez tivo a certeza de que non lle ían facer dano, contounos cousas dela, coma que no verán vive ó lado dun río, e no inverno se instala na biblioteca, onde está ó quente e ademais se pode entreter facendo o que máis lle gusta: ler! A nós tamén nos gusta bastante, ou non?

Coas súas historias aprendemos a importancia do respecto á natureza, ós seus habitantes e ós demais.
Ademais díxonos que temos na biblioteca un montón de libros sobre a natureza e os seres que viven nela e que se pode consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí algún dos libros sobre a natureza]




