E a ti… que che contaban? de Vero Rilo na Biblioteca Municipal de Boiro
O 13 de outubro ás 20 horas
Vero Rilo contou historias que foron do interese dos asistentes
O 13 de outubro ás 20 horas
Vero Rilo contou historias que foron do interese dos asistentes
Onte, divertidísima tarde de contos con Charo Pita!!!


O mércores, 11 de outubro cada participante debuxou, a lapis, un conto en seis viñetas.
Visitounos na Biblioteca de Dodro Antía Yáñez co seu de xogo de pistas As rescatadoras, no que os rapaces e rapazas aprenderon dun xeito divertido como funciona e moito mais cousas sobre a biblioteca

Hugo ofrecéunos unha mañá de risas e aprendizaxe Cociñando historias de igualdade na Biblioteca de Lalín!! Peques e maiores pasámolo xenial!!
A través da actividade De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca, con Antía Yáñez, descubrimos na ALM de Olveira (Dumbría) que a ciencia tamén é cousa das letras.
Divertido, entretido e didáctico obradoiro de experimentos que se adapta a un abano amplo de idades.
Moi recomendable.

O mércores 11 de outubro estivo con nós Carmen Domech co seu espectáculo “A carteira de Augasclaras” no que a carteira reparteu cartas na biblioteca. Unha de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo. Outra da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais. Tamén había unha rapaza que para gustarlle ao seu gran amor vaise desfacendo de aspectos persoais pero finalmente pensa “eu vou comigo” e decide ser ela mesma a risco de non gustarlle ao seu amor.
Pasárono xenial!!!




O mércores 11
de outubro na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, nenos e nenas de entre 6 e 12 anos realizaron uns bonitos murais e aprenderon unha morea de cousas interesantes sobre diferentes mulleres inventoras que existiron ao longo da historia e os seus importantes inventos.
Todos pasámolo moi ben nesta actividade tan interesante e creativa.
O pasado 13 de outubro tivo lugar un contacontos con títeres na biblioteca municipal. Tres historias diferentes que trataban sobre os monstros, Onde viven os monstros, adaptación da obra de Sendak, Os monstros de cores, de A. Llenas e unha obra propia onde fala dos monstros perxudiciais que podemos atopar nos pratos precociñados. Os rapaces estiveron moi participativos e gozaron co espectáculo.



Séguenos