Celebramos o Día do Libro na BPM do Ézaro con moita ciencia
O pasado venres, visitounos na biblio do Ézaro (Dumbría), Antía Yáñez.
Veu cargada cun feixe de experimentos a través dos cales nos amosou como todo é ciencia e como todo está nos libros. Non fai falta máis ca abrilos.
De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca, é unha actividade moi recomendable e, ademais, para un abano moi amplo de idades.