“Debuxar letras”, obradoiro de lettering na biblioteca de Foz
O pasado venres 10 de maio inauguramos a programación das letras
galegas na biblioteca de Foz co obradoiro “Debuxar letras” impartido por Alba Farto. Unha actividade de lettering moi demandada e
con gran aceptación, xa que se cubriron todas as prazas. A picaraxada aprendeu diversas técnicas para crear letras, mesturar cores co uso de pinceis, tintas e rotuladores. Ademáis realizacon os seus propios diseños que puideron levar á casa.




