25/06/2024
A pasada fin de semana, a biblioteca transformouse no escenario dunha emocionante aventura coa realización dunha escape room titulada “Segredos na Biblioteca”.
“Segredos na Biblioteca” non foi unha escape room común e corrente. Desde o momento en que os participantes cruzaron a porta da biblioteca, atopáronse inmersos nun ambiente cheo de misterio e desafío. Os andeis repletos de libros, convertéronse no campo de xogo para desentrañar segredos e resolver enigmas.
Os equipos, tiveron que traballar xuntos para descubrir as pistas escondidas entre os libros. Cada pista atopada achegábaos un pouco máis ao obxectivo final, pero tamén os enfrontaba a novos retos que requirían creatividade, lóxica e, sobre todo, cooperación.
Vémonos na próxima aventura na biblioteca de Barro!
Obradoiro de Stop motion
Data e hora: 10/08/2024. Ás 12:00
Destinatarios: Nenos, nenas e mocidade
Non esquezan seguirnos nas nosas redes sociais para estar ao tanto de próximos eventos e actividades.

Séguenos