ACTUACIÓN DO MAGO ALBERT EN XOVE
A pesar das inclemencias meteorolóxicas o mago Albert puido facer a sua función cambiando o seu escenario para o Salón de Actos anexo á B.P.M. de Xove, onde nenos e adultos puideron gozar da súa actuación.
A pesar das inclemencias meteorolóxicas o mago Albert puido facer a sua función cambiando o seu escenario para o Salón de Actos anexo á B.P.M. de Xove, onde nenos e adultos puideron gozar da súa actuación.
👫As nenas e nenos de Coirós, puideron gozar “Os contos do avó, mulleres galegas”.
📌Contacontos no que se mesturan técnicas de clown e slapstick.
📝Esta actividade trata de lendas e historias de mulleres en Galicia.
📚Relatos repletos de fervor, forza, coraxe e moito humor.
Arranca a programación das festas patronais de Xove na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme.
Hoxe mércores ás 12 da mañá tivo lugar na praza anexa á biblioteca municipal a actuación do grupo de teatro Ghazafelhos coa obra “Contos de lobo” (Ler Conta Moito).
Foron moitos os nenos e nenas e tamén maiores os que se acercaron a desfrutar da obra, quedando encantados coa representación.
No día de onte tivemos na Casa da Cultura Luis Seoane do Pino toda unha experiencia de Lettering. O obradoiro creativo “Debuxar Letras” introduciu aos nenos e nenas durante dúas horas nas pequenas e minuciosas artes da rotulación. Non só crearon letras segundo as tipografías, senón que tamén debuxaron libremente e serviu como unha actividade que favoreceu a concentración e a relaxación.
Luns 26 de agosto Sabela estivo para contarnos que os pais de Martín mercábanlle agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse coa súa amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.

Venres 23 de agosto tivemos un conto interactivo e participativo no que os nenos e nenas acompañaron a Zog na Escola de Dragóns. Todos xuntos aprenderon a comportarse como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón.


Entre bolboretas, saltóns, arcos da vella, cabaliños do demo, rematamos as actividades. Gracias Barafunda por facernos pasar unha tarde do máis divertida.


Fermosa actuación de Silvia Penide e Carla López na terrraza da Casa da Cultura do Vicedo ante un público moi participativo e entregado. Fixeron as delicias dos asistentes coa súa entrega e complicidade co público.


Nesta ocasión, tivemos na biblioteca municipal un espectáculo infantil único e diferenciador, xa que se trataba dunha posta en escea innovadora mediante a utilización de elementos representativos da cultura xaponesa, como son o uso dos tradicionais teatros kamishibai e o emakimono xaponeses e incluso bervas tradicionais da cultura como o mukashi-mukashi (Era unha vez…). Para a utilización destes elementos, o ilustrador e actor que nos veu visitar adaptou obras de autores de Cataluña e Estados Unidos, como a Hada Menta ( adaptada a fadamenta) para poder exemplificar mediante debuxos e ilustracións contos sobre a igualdade, a importancia do pensamento crítico, de non ser influenciado pola presión grupal nas escolas así como da importancia do respeito, o control emocional e o traballo en equipa. Os nenos aprenderon a identificar os comportamentos con sesgo de xénero, comportamentos abusivos, e a ter ferramentas para enfrontalos no día a día. Nesta actividade participaron un total de 20 nenos de entre 3 e 11 anos de idade e tres adultos.
Onte, na biblioteca de Bergondo realizouse esta actividade.
Todos os participantes quedaron abraiados coa maxia e con ganas de mais!



Séguenos