Unha receita contra as burlas na Biblioteca de Narón
O sábado 14 de setembro a Biblioteca de Narón acolleu o espectáculo de contacontos infantil e familiar Unha receita contra as burlas, de Nerea Brey.
Coas emocións da volta ao cole aínda ebullindo nos seus corpos, os nenos e nenas saíron equipados coas ferramentas necesarias para recoñecer, previr e actuar correctamente ante os posibles casos de acoso escolar.
Estamos seguras de que esta aprendizaxe axudará aos nosos pequenos e pequenas no seu día a día.





