Circo na Biblioteca Municipal de Lugo
Onte recibimos na Biblioteca Municipal Isidro Novo de Lugo a Dani Blanco co seu espectáculo “Circo na biblioteca” . Malabares con pelotas e libros, equilibrios imposibles, música e moitas, moitas risas, nunha función que foi do agrado tanto das crianzas como dos maiores. 👏






