O ilusionista Joshua Kenneth visita Xove.
Dentro da programación das festas de Xove o ilusionista Joshua Kenneth encantou o público co seu espectáculo “Ler para crer” (Ler Conta Moito).
Dentro da programación das festas de Xove o ilusionista Joshua Kenneth encantou o público co seu espectáculo “Ler para crer” (Ler Conta Moito).
Onte, 28 de agosto, na biblioteca de San Cibrao das Viñas, grandes e pequenos disfrutamos dun espectáculo de títeres, onde a música xogou un papel moi importante.
Os nenos e nenas que asistiron, cantaron, bailaron e aprenderon cousas moi interesantes sobre a natureza e o medio ambiente.

Existosa actuación de Pablísimo co espectáculo de narración oral “Cabicivai” (Ler Conta Moito) dentro da programación das festas patronais 2025.
Venres 29 de agosto as 11 horas, a biblioteca encheuse de maxia coa visita dun contacontos moi especial. A actividade levounos de viaxe á Prehistoria, combinando narración oral con música en directo.

Pakolas con Ecoralia fixo cantar, contar e debuxar a nenas e nenos que gozaron así da súa música.
Maravilloso espectáculo!!
O martes 26 de agosto as 11 horas. Os nenos e nenas disfrutaron dunha contada interactiva onde Noa aprendeu a enfrontarse ao monstro que levamos dentro. A historia abordou a igualdade de xénero e a reafirmación persoal, invitando á reflexión a través do xogo e das emocións.

Este venres 22, Carmen a cantareira da aldea, ( Andamiaxe S.L) visitou Vilar de Barrio e divertiunos cun contacontos dunha nena que soña con viaxar polo mundo coa súa pandeireta. A través da música tradicional, Carme e os espectadores/as, participaron dunha aventura a través da música, os xogos e as cantigas!

Este luns os nenos e nenas de Parada puideron disfrutar dunha gran función de mans do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa da compañía Teatro Calavera.
Ao remate da obra puideron degustar un postre saudable de froitas con chocolate, que eles mesmos elaboraron.


Este pasado mércores 27 de Agosto, gracias a boa xente de Donde viven los cuentos, 33 rapaces e 9 adultos disfutaron do contacontos Escola de dragóns, un conto interactivo e participativo no que os nenos e nenas acompañan a Zog o seu paso pola Escola de Dragóns.

Todos xuntos aprenderon a comportarse como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón. Polo camiño, coñecerá a unha rapaza que non quere ser princesa e que ten o soño de ser doutora, descubrindo a importancia de esforzarse para conseguir o que queren e de axudar os demais.
O Mago Paco fixo Maxia con humor intelixente. A través dos seus xogos interactou c@s nen@s e maiores sorprendendo sempre.
Moi bo e divertido!!



Séguenos