04/08/2025
O pasado venres 1 de agosto, a veciñanza máis nova de Aranga puido desfrutar dun fantástico espectáculo de circo da man da compañía Dani Blanco, no anexo do CEIP A Castellana.
Durante a sesión, os nenos e nenas mergulláronse nun universo cheo de malabares con pelotas e libros, equilibrios imposibles, clown, música e moito humor. Unha proposta fresca, dinámica e participativa, adaptada a todos os espazos e pensada para achegar a arte escénica e a lectura dun xeito lúdico e inesquecible.
As expresións de sorpresa e as gargalladas do público máis pequeno foron as verdadeiras protagonistas da xornada.
O apoio do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia, promove a cultura e a lectura en familia a través destas propostas creativas e itinerantes por todo o territorio galego.
Deixámosvos algunhas imaxes da actuación para revivir a máxica mañá que compartimos en Aranga:

Séguenos