Cambre inicia a programación de animación á lectura con ‘O traxe novo do rei’

O pasado venres 19 arrincou a programación de animación á lectura de Ler Conta Moito na rede de bibliotecas de Cambre.
A Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) acolleu con tal motivo a representación de artes escénicas “O traxe novo do rei“, da man de Tarabelos teatro. O espectáculo de marionetas, baseado no clásico conto de Hans Christian Andersen fixo as delicias do numeroso público asistente.





