A verdadeira historia de Hamelín, na biblioteca de Muxía
O pasado venres 26 de outubro visitounos David Marelas a nosa biblioteca. Gozamos dunha sesión extraordinaria onde, entre malabares, clown, e moitas bromas descubrimos unha nova versión dun conto tan coñecido como é O frautista de Hamelín. Sen dúbida, foi unha xornada fantástica marcada polas risas, pois como di David, un día sen rir é un día perdido.







