A rapazada de Cambre achégase ao proceso de creación dun libro

O pasado venres, 10 de outubro, tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) unha sesión de contacontos manipulativo dedicada ao proceso de creación do libro.

Coa sesión ‘Da árbore ao libro‘, un grupo de rapazas e rapaces puideron descubrir, da man de Cuarto de inverno, como se fai un libro, tomando contacto cos materiais e participando coa creación dun minilibro.





