Teatro, música, danza e burbullas na biblioteca de O Temple
Este xoves, 29 de setembro, a Biblioteca Municipal Os templarios de Cambre acolleu ‘Que animaliño é?’, un divertido espectáculo de Trémola Teatro. Os bebés e as súas familias puideron gozar dunha sesión que mesturou teatro, música, danza e mesmo burbullas, creando un fermoso espectáculo sensorial que estimulou os sentidos de todas as persoas participantes.