Chapas pola Igualdade
O 31 de outubro celebrouse na Biblioteca Municipal de Gondomar o obradoiro creativo “Chapas pola Igualdade”, organizado pola compañía Animar-T
O 31 de outubro celebrouse na Biblioteca Municipal de Gondomar o obradoiro creativo “Chapas pola Igualdade”, organizado pola compañía Animar-T
O día 30 de outubro na Biblioteca Municipal de Gondomar representouse o espectáculo de teatro infantil Onde está o vento?. Un espectáculo da Compañía Animar-T para o público infantil.
Os gatos foron os protagonistas da sesión de contos na Biblioteca Municipal de Tui con Manuela Contacontos. Os pequenos e pequenas puideron coñecer as historias e aventuras felinas nunha divertida narración acompañada de libros e sorrisos.


Precioso musical recordando o cancioneiro galego de tradición oral, unha maneira de traer o pasado a tempos de hoxe!
entretida

O mago Paco e moi moderno e actual, usando a maxia para entreternos, interactuando con nos, faenos pasar unha tarde máxica!
recomendable!

Agora os peques cando veñen chaman a Pipo¡¡¡, entretenidísima actividade que os nen@s non esqueceran, mantivo o interese dende o primeiro momento…….fomentando que debemos axudarnos uns a outros!!
voltaríamos a repetir sen duvida¡¡¡
A bibliotecaria Candelaria ten un gusto excepcional a hora de seleccionar contos!

E moitos deles veunos presentar por todo o alto a súa amiga de Cris de Caldas, tamén bibliotecaria, contadora e cantadora!
Libros de todos os tamaños, texturas e con mil sorpresas no seu interior fixeron do pasado 24 de outubro, Día das bibliotecas, unha xornada inesquecible para as familias que se chegaron á biblioteca de Rois a gozar das contadas e dos libros!
O venres 31 de outubro, día de celebración do Samaín, a rapazada de Catoira tivo a oportunidade de coñecer a Pepa a Loba e as súas incribles aventuras.
Unha divertida sesión de narración oral, monicreques e música da man da actriz Cris Collazo.

Nun ambiente de terror festivo, divertido e máxico…Óscar de Magiaenlamanga fixo rir, asombrarse e pasalo ben con moitos trucos de maxía, clásicos e tamén sorpresivos. O público de nenos/as e as familias estiveron dende o principio pendente e colaborativo con Óscar Fernández que fixo vibrar a todos nun tarde de Samaín moi especial.
O espectáculo “Toupiciencia Show” da Xanela do Maxín desenvolviuse durante aproximadamente 40 minutos nos que Toupiña e o seu inseparable axudante Protonio achegaron ao público un divertido e educativo percorrido polo mundo da ciencia a través de experimentos dinámicos, xogos e demostracións interactivas.

A actividade, desenvolvida integramente en galego, puxo en valor a lingua como vehículo para o coñecemento científico e fomentou a curiosidade, o pensamento crítico e o gusto por aprender investigando. O evento contou cunha excelente acollida por parte das familias, que encheron o espazo da biblioteca nun ambiente de entusiasmo e participación activa.


Séguenos