“Contos do chupete” na Biblioteca Central Rialeda (Oleiros)
O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. Fermosa e animada sesión que mesturou as cancións, música, contos e expresión dramática para comezar a querer o mundo das historias e a imaxinación.





