O Aviador de Elefante Elegante visitounos o luns 5 de outubro na Biblioteca P.M. “Mª José Ruso” de Dorneda – Oleiros
O luns, día 5 de outubro, tivemos o gran placer de recibir e desfrutar con Elefante Elegante e a súa obra “O Avidor”.
Dende o pobre aviador que ten que reparar unha e outra vez a súa avioneta ata o moucho de cores que ten un gran problema para non durmir de día, toda unha historia que divertiu e entretivo tanto a cativos como a máis maiorciños.





