Rematando o mes das Letras Galegas con contos clásicos
O día 20 de maio celebramos as letras galegas na Biblioteca de Fene co contacontos de un clásico “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak narrado por Sherezade Bardají e que acompañou cunhas sombras chinesas.
Para a grande maioría dos nenos e nenas asistentes foi todo un descubrimento esta narración chea de monstros e sorpresas.




