Celebramos o Día das Letras Galegas con contos e experimentos na BPM de Carballedo

“A Ciencia é divertida” de Ana Romero (Nita) foi o espectáculo elexido este ano para celebrar cos nosos usuarios o Día das Letras Galegas. Todos colaboraron para elaborar o noso robot de benvida con materiais de refugallo.

Nita contounos contos, experimentamos coa electricidade estática, con cores, globos irrompibles e ata un volcán….. Os nenos pasáronno xenial.

E para rematar, despois de tanta actividade, chuches “científicas” para todos .





