AS IRMANS PRODIXIO NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTE CALDELAS
O martes 23 de agosto as 19:00 h dentro da programación cultural das Festas das Dores
recibimos na Biblioteca Pública de Ponte Caldelas o espectáculo “Cabaret Infantil Prodixio”, das Irmans Prodixio. Unha maleta chea de medos aos que todos os asistentes plantaron cara e moitas historias que atraparon aos máis pequenos completaron a tarde.




