“O curral de cocoricoricó” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
O día 5 de abril, dentro das celebracións do Día do Libro Infantil recibimos a visita de Charo Pita coa súa actividade “O curral de cocoricoricó”. Os pequenos de 0 a 3 anos e os seus pais e nais pasaron un bo intre coas historias e cancións de Charo.





