Obradoiro de verso improvisado en Coristanco
Dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, os alumnos de 4º de ESO do CPI Xosé Pichel, en Coristanco, disfrutaron o pasado día 15 dun ameno e divertido obradoiro de improvisación en verso. Un excelente traballo que, sen dúbida, axudará a manter unha das tradicións máis populares da nosa comarca: a regueifa.





