CAMIÑANDO ENTRE ESTRELAS NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA (OLEIROS)
O xoves 5 de outubro tivemos a visita de Teatro Grazafelhos co seu espectáculo Camiñando entre estelas.
Os nenos e nenas participaron moi activamente no desenrolo do mesmo, actuando xunto ao astronauta protagonista e tamén facendo preguntas.
Espectáculo didáctico e divertido onde se amosa como formouse o noso sistema solar e como funcionan as diferentes forzas que hai nel. Todo isto a través de explicacións moi acordes as idades dos asistentes e axudándose tamén de contos e proxeccións.





