“A maxia está nos libros” do Mago Deimi na Biblioteca Pública de Vila de Cruces
O pasado 16 de setembro chegou a Biblioteca de Vila de Cruces Hermanager “Mago Deimi” co espectáculo ” A maxia está nos libros”
Durante unha hora desfrutamos dun número de maxia que animaba aos máis cativos á lectura. O número contou cunha chea de trucos nos que os nenos e tamén os maiores puideron participar como axudantes, foi un espectáculo de maxia variado, e divertido con toques de humor e moi interactivo. Os asistentes sairon satisfeitos.







