Obradoiro de submarinos para homenaxear a Verne
Vinteun nenos celebraron na biblioteca de Redondela, coa actividade Obradoiro de Submarinos, o 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón
Picade aquí para ver as fotografías:
Os rapaces, de 6 a 12 anos, coñeceron, da man de Ciencia en Ruta, a personaxes como Julio Verne, Isaac Peral e Antonio Sanjurjo Badía. Así mesmo realizaron experimentos relacionados coa densidade a través da “construción” dun submarino e a comprobación do seu funcionamento. Tamén se introduciron no mundo submarino e a ciencia ficción do autor francés a través do relato “20.000 leguas de viaje submarino” desde un “ kamishibai”.