Obradoiro de submarinos










LER CONTA MOITO
O 24 de outubro, Día da Biblioteca, visitounos Juan Jesús Freire Pérez de Ciencia en ruta. Levou a cabo un “Obradoiro de submarinos” para alumn@s de 1º e 2º de E.S.O. do C.P.I. de Pontecesures. Autores da literatura de ciencia-ficción e científicos confluen neste obradoiro de danlle forma a unha actividade para comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímides e Antonio Sanjurjo Badía introdúcennos na idealización e construción dun submarino. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.




