“PAXARIÑOS” de TrinkeTrinke, na ALM de Vilariño


O venres 9, visitounos TrinkeTrinke, na ALM de Vilariño, os usuarios máis pequenos da biblioteca foron os destinatarios do espectáculo “Paxariños”. A artista conseguiu atrapar e manter a atención dos nenos e nenas ao longo de toda a obra. Para moitos deles era o seu primeiro contacontos e tendo en conta o ben que o pasaron, seguro que non será o último.




