A fábula do espantallo na Biblioteca de Ribeira
Este sábado, 21 de setembro, ás 12 reunímonos no recuncho dos libros infantís a ler un contiño mentres agardabamos polo espantallo amigo.

Ao pouco fomos para o salón de actos, e xa estaban alí os Quinquilláns para aprendernos a facer teatro.

E actuamos todas e todos facendo os papeis que escollemos, de grilos, de merlas, de cans e cadelas, de gatos e gatas, xente da aldea… Cantamos e bailamos e soubemos da bondade do noso espantallo amigo.

Grazas, Quinquilláns!




