Migallas Teatro con “Elas pintan moito” na B.P.M. de A Guarda

Sesión de contos para público familiar a partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida.
Esta actividade, enmarcada no programa Ler conta moito. Loita contra a violencia de xénero, consigue fomentar a igualdade de xénero a través da arte, música dun xeito divertido e coa participación de nenos e nenas.





