BIBLIOTECA DE MUXÍA: “A PEQUENA FÁBRICA DE CORAZÓNS DE PAPEL RECICLADO” DO CARBALLO CON BOTAS

Unha vez máis chegou a Muxía o gran Anxo Moure , o Carballo con Botas, cos seus contos que promoven valores positivos e solidarios. Desta trouxo a todos os nenos e nenas que se achegaron a escoitalo o valor da paz , a solidariedade e o coidado da natureza, da man dunha muller inmensa como Wangari Maathai.




