A BIBLIOTECA DE A ILLA DE AROUSA ACOLLE “A CASIÑA DE CARTÓN”
O sábado 17 de Outubro tivemos a presenza de Animar-T que veu co seu espectáculo “A casiña de cartón”…

A actividade tivo lugar ás 18.00 h no Auditorio Municipal onde nenos e nenas acompañados e acompañadas dos seus familiares pasaron unha tarde divertida con Adela, a casiña de cartón e os animaliños que a acompañaron… tocando valores como a amizade, o respecto polo medioambiente e a reciclaxe.

Música, narración oral e baile acompañaron a tarde respectando as medidas Covid-19. Parabéns polo espectáculo. Moitas grazas a todos e todas!!





